Traballos de carpintería metálica en Pontevedra

Traballos de carpintería metálica en Pontevedra

Cóntanos o teu proxecto 986 744 878

Realizamos todo o que necesitas en aceiro inoxidable

Brunos Cerrajería é unha carpintería metálica en Pontevedra especializada en realizar pezas a medida en aceiro inoxidable: pasamáns, varandas, portas, portais...

Todos os traballos son a medida, polo que, antes de crear calquera peza, o noso carpinteiro metálico reunirase contigo para coñecer os teus gustos e poder adaptar ao máximo o deseño, dándoche tamén un orzamento personalizado.

A pesar de que a sede da nosa carpintería metálica atópase en Sanxenxo, ofrecemos os nosos servizos a particulares e empresas de toda a provincia de Pontevedra.

Realizamos todo o que necesitas en aceiro inoxidable

Por que elixir aceiro inoxidable en traballos de carpintería metálica?

Facilidade para ser moldeado

O que nos permite crear pezas de aceiro inoxidable en Pontevedra de calquera forma e deseño: portas, varandas ou balcóns...

Material moi resistente

Todas as pezas da nosa carpintería metálica en Pontevedra ofrecen unha alta resistencia fronte á auga, a humidade, as altas temperaturas e a corrosión.

Resultado altamente estético

Unha peza fabricada en aceiro inoxidable en Pontevedra pode realzar calquera espazo, especialmente en exteriores, onde emite un brillo moi atractivo.

Mantemento sinxelo

É un material que con poucos coidados sempre lucirá en perfecto estado. Con pasarlle un pano húmido será suficiente para manter o seu brillo.

Queres facer un balcón á túa medida?

Queres facer un balcón á túa medida?

En Brunos Cerrajería garantímosche a máxima resistencia e seguridade

Como expertos en forxa artística en Pontevedra, podemos darlle á túa nova balaustrada o acabado que queres, adaptando o estilo, a cor, a forma e o tamaño aos teus gustos e necesidades.

A que esperas? Contacta hoxe mesmo coa nosa carpintería metálica en Pontevedra e recibe un orzamento personalizado.

Encarga o teu deseño!

Elixe os mellores cerramentos en aceiro inoxidable para protexer o teu fogar

Portas

Automatismos

Enreixados

Portas

Deseñamos, fabricamos e instalamos portas interiores e exteriores de aceiro inoxidable: estéticas, duradeiras e illantes.

Automatismos

Facemos portas de garaxe personalizadas para particulares e empresas, adaptadas aos teus gustos e ao estilo da túa vivenda.

Enreixados

Fabricamos enreixados e cerramentos a medida para leiras, hortos e outras propiedades, co mellor prezo do mercado.

O que sempre nos preguntan sobre as nosas pezas de aceiro inoxidable

O que sempre nos preguntan sobre as nosas pezas de aceiro inoxidable

Fabricades pezas de aceiro inoxidable de calquera forma ou tamaño?

Por suposto! Todos os nosos traballos son a medida, polo que nos adaptamos ás dimensións e o deseño que necesites.

Traballades só con aceiro inoxidable ou tamén con outros metais?

Traballamos principalmente con aceiro inoxidable, ferro e aluminio soldado, sempre en proxectos personalizados e a medida.

Tamén podedes fabricar portas ou xanelas de aluminio ou PVC?

Non. A nosa especialidade son as pezas metálicas personalizadas.

Podedes instalar unha varanda nunha escaleira xa construída?

Claro! Adaptamos o deseño e a instalación a escaleiras existentes sen necesidade de facer obras adicionais.

Sácalle o máximo partido á túa vivenda con pasamáns e varandas de aceiro inoxidable!

Varandas interiores

  • Deseño: con este material podemos conseguir o deseño que queiramos e, por tanto, adaptalo á decoración que xa temos na vivenda.
  • Mantemento: para que a varanda de aceiro inoxidable luza sempre nas mellores condicións, non necesitamos máis nada que a limpeza do material.
  • Rendibilidade: sabemos que aos clientes impórtalles o prezo, por iso garantimos que este material e produto ofrecen unha perfecta relación calidade/custo.

Varandas exteriores

  • Personalización: con este material podemos realizar pezas 100 % personalizadas que se axusten á perfección ao espazo no que se instalarán posteriormente.
  • Resistencia: unha das razóns principais para escoller as varandas de aceiro inoxidable para o exterior é que son moi resistentes, duradeiras e seguras.
  • Prezo: dentro dos materiais que se utilizan nas carpinterías metálicas, podemos destacar a boa relación calidade/prezo que ofrece o inox.
Necesitas máis información sobre os nosos traballos en aceiro inoxidable?

Necesitas máis información sobre os nosos traballos en aceiro inoxidable?

Contacta cos especialistas da nosa carpintería metálica en Pontevedra!

Se queres unha peza de aceiro inoxidable a medida para darlle personalidade ao teu fogar, chámanos e faremos un deseño que se adapte ao teu espazo e o teu estilo.

Falamos?