Necesitas axuda?
Chámanos: 986 744 878
666 225 479
Whatsapp
Selecciona o teu idioma
Varandas, balcóns, portas e pasamáns fabricados exactamente como os imaxinas.
Aluminio, ferro e aceiro inoxidable curvado con precisión para calquera proxecto.
Apertura de portas, cambio de cilindros, instalación de fechaduras...
En Brunos Cerrajería levamos desde o ano 2000 deseñando, fabricando e instalando pezas metálicas en Pontevedra, feitas a medida en ferro, aceiro inoxidable e aluminio soldado.
Ademais, somos expertos en curvado de perfís metálicos para balcóns, varandas, pasamáns e portais, creando proxectos totalmente personalizados para particulares e empresas.
A calidade e durabilidade dos nosos traballos convertéronnos nunha carpintería metálica de referencia en Pontevedra, chámanos e descúbreo.
Sexa cal for o teu proxecto, asesorámosche para atopar o material e o deseño que mellor se adapta ao que necesitas.
Fálanos do teu proxecto
Contamos con profesionais con moitos anos de experiencia no sector polo que podemos garantir o resultado de todos os traballos metálicos que realizamos.
Unicamente traballamos con materiais de primeira calidade xa que queremos ofrecer a nosa clientela pezas metálicas duradeiras, estéticas e funcionais.
Incluímos no taller da nosa carpintería metálica a maquinaria máis innovadora do sector para poder realizar todos os traballos que nos soliciten.
Grazas á longa traxectoria no sector e aos moitos clientes que confían en nós ofrecemos aos nosos clientes a mellor relación calidade/prezo.
É unha técnica que permite dar forma curva a tubos e perfís metálicos para crear varandas, pasamáns, balcóns e portais a medida con acabados precisos e uniformes.
Realizamos apertura de portas, cambio de cilindros e instalación de fechaduras. É importante destacar que traballamos en horario laboral, non somos un servizo de urxencias 24 horas.
Claro! Non traballamos con catálogos fixos. Se tes unha idea en mente, cóntanola e farémola realidade. Adaptámonos ao deseño, a forma, o tamaño e o acabado que buscas, creando unha peza única e totalmente personalizada para o teu proxecto.
Facebook
Se necesitas cambiar as xanelas da túa vivenda, queres instalar unha nova varanda ou che gustaría contar cunha porta de deseño na túa casa, non dubides en poñerche en contacto co equipo de Brunos Cerrajería.
Pregúntanos